Cámping Praia Otur

"Un lugar para perderse;
cheiro a mar, a herba fresca;
azuis e verdes repletos de sensacións."

Willkommen.
Bienvenue.
Bienvenidos/as.
Benvidos/as
Benvinguts
Welcome.

O noso cámping atópase en Luarca. A 600m dapraia de Otur e 300m da estrada N-634 (futura A-8). A 100 km de Oviedo, 90 km de Xixón e a 64 Km de Avilés. Otur ten conexión con tren (FEVE) e autobús (ALSA).

O Camiño de Santiago do Norte discorre a 300m do cámping.
Preto da praia de Barayo, praia naturista, Reserva Natural Parcial de especial interese ornitolóxico e tránsito de aves migratorias.
Zona de interese xeolóxico polos materiais cuarcíticos, atribuídos á Éra Primaria (Paleozoico).
Xacementos do Paleolítico Inferior que poderían remontarse a 50.000 anos A.C.
Zona de nterese micolóxico..

Actividades: sendeirismo, cabalo, quad, pesca, natación, submarinismo, piragua, surf, golf, descenso de ríos e barrancos, técnicas de escalada (boulder).

Variedade deflora e fauna, carballos, castiñeiros, bidueiros, teixos, acivros, especies micolóxicas... e lontras, corvos mariños, salamandras, limpafontes, sapos, eslizóns ibéricos. Especies en perigo de extinción.

Establecemento de 2ª categoría, dispón de 80 parcelas, 69 para acampada con praza de aparcadoiro, das cales 32 dispoñen de conexión eléctrica.

A recepción e cafetería sen barreiras arquitectónicas.
Os servizos dispoñen de auga quente de balde. Tamén dispomos de lavadora e secadora. Hai un baño adaptado sen barreiras arquitectónicas.

Sala de uso polivalente duns 38m2 para que os grupos poidan realizar actividades.

Servizo de acceso a Internet gratuíto a través de wifi nunha ampla zona ao redor da cafetería.

11 bungalows, coa seguinte distribución: soportal, salón, cociña, cuarto de baño, unha habitación con cama de matrimonio e outra habitación cunha liteira e unha cama baixa (máximo 5 persoas). Os bungalows extra teñen 3,5 m2 máis que o normal. Dotación e enxoval: dispón de neveira, calefacción e auga quente. Inclúen sabas e mantas pero NON toallas. Enxoval completo para cociñar. Non dispón de TV nin microondas. Nos bungalows non se admiten animais pero si son admitidos no cámping.

Temos experiencia en atención a grupos.

Situación e contorna.

   No occidente de Asturias, concello de Valdés, aldea de Otur, a 6 Km de Luarca (A Vila Branca). A 600 m da praia de Otur e 300 m da estrada xeral. A 100 km de Oviedo e a 90 km de Xixón. O Camiño de Santiago do Norte discorre a 300 m do cámping.
   A praia de Otur é espléndida, con acceso para coches, con todos os servizos en tempada e apta para deportes náuticos.
    Barayo Beach (a naturist beach and Partial Nature Reserve) and Sabugo Beach are also nearby.
Luarca, the capital town of the council, is known for its port, its lighthouse, its neighbourhoods, its cemetery and its delicious fishes.
   A poucos quilómetros atópanse lugares tan bonitos como Porto de Veiga, Navia, Coaña, Cudillero, Boal, etc... Contornas naturais espectaculares: Fouces do Río Esva, Comarca Vaqueira, Río Eo, Mancomunidade dos Oscos, Taramundi, Praia das Catedrais, Tapia de Casariego. E cidades que merece a pena coñecer como Avilés, Oviedo e Xixón.

Actividades na zona.

Sendeirismo, rutas dacabalo, rutas en quad, pesca, natación, submarinismo, rutas en piragua, surf, golf, descenso de ríos e barrancos, técnicas de escalada (boulder). Zona moi adecuada para actividades micolóxicas.









Táboa
 

Bungalows
 

Páxina Camping Otur