Animais

Admítense animais de compañía con excepción de razas perigosas (segundo o R.D. 50/1999, sobre tenencia de animais perigosos) e cumprindo estas normas:

  • entro do cámping sempre atados.
  • Prohibido que ensucien ou molesten.
  • Prohibido deixalos sos.
  • Prohibido que accedan ao interior dos bungalows.

¿Que son cans potencialmente perigosos segundo o Real Decreto 50/1999 sobre tenencia de animais potencialmente perigosos?

  • Os que pertencen ás seguintes razas e as súas cruces: PIT BULL TERRIER, STAFFORDSHIRE BULL TERRIER, AMERICAN STAFFORDSHIRE TERRIER, ROTTWEILER, DOGO ARGENTINO, FILA BRASILEIRO, TOSA INU Y AKITA INU.
  • Todos os cans que NON pertenzan ás razas anteriores pero si cumpran todas ou a maioría das seguintes características:
    • Forte musculatura, aspecto poderoso, robusto, configuración atlética, axilidade, vigor e resistencia.
    • Marcado carácter e gran valor.
    • Pelo corto.
    • Perímetro torácico comprendido entre 60 e 80 cm, altura á cruz entre 50 e 70 cm e peso superior a 20 Kg.
    • Cabeza voluminosa, cuboide, robusta, con cranio ancho e grande e fazulas musculosas e bombeadas.
    • Mandíbulas grandes e fortes, boca robusta, ancha e profunda.
    • Pescozo ancho, musculoso e curto.
    • Peito macizo, ancho grande, profundo, costelas arqueadas e lombo musculado e curto.
    • Extremidades anteriores paralelas, rectas e robustas e extremidades posteriores moi musculosas, con patas relativamente longas formando un ángulo moderado.
  • Todos aqueles animais que protagonicen ataques a animais ou persoas con anterioridade ou que mostren un carácter marcadamente agresivo. Sendo certificada tal condición por un veterinario autorizado pola autoridade competente.